Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Programa bono das persoas autónomas

Atrás
14/02/2022

Programa bono das persoas autónomas

As subvencións para o exercicio económico de 2022 financiaranse, no caso das axudas da liña 1, cun crédito de 500.000 euros, e no caso das axudas da liña 2, cun crédito de 7.500.000 de euros.

A distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas será directamente proporcional ao número de autónomos dados de alta en cada provincia en 31 de decembro de 2020, de acordo coa seguinte porcentaxe: A Coruña, 40 %; Lugo, 15 %; Ourense, 11 %, e Pontevedra, 34 %.

Beneficiarios:

1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración referida ao ano 2020.

2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.

b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído na declaración referida ao ano 2020.

c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración referida ao ano ano 2020 inferior a 30.000 euros (segundo a casilla 552 do imposto do sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros refirirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou comunidade de bens.


Expresións de interese Expresións de interese