Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Programa «Experiencias Turismo España»

Atrás
15/02/2022 - 15/03/2022

Programa «Experiencias Turismo España»

O obxectivo é impulsar proxectos de redes de actores que desenvolvan experiencias turísticas sostibles, dixitais, integradoras e competitivas en España. O orzamento é de 26.000.000 euros. Desta cantidade, 5.000.000 euros destinarase a proxectos que teñan relación co Ano Nacional Xacobeo, en cuxo caso deberase priorizar ditos proxectos na resolución de concesión.

As actuacións financiables: deben enmarcarse nalgunha das seguintes liñas de traballo. incluíndo algunhas das seguintes accións:

a) Liña de traballo INNOVA:

  • Propostas de creación de redes de actores en todo o territorio nacional ou, ao menos, en tres CCAA para impulsar o traballo colaborativo en torno a unha Experiencia Turismo España.
  • Construción de relatos sobre Experiencias Turismo España.
  • Desenrolo ou mellora do recurso turístico base para a creación de Experiencias Turismo España.
  • Redeseño das Experiencias Turismo España cara a modelos verdes e sostibles.
  • Apoio á transformación dixital das Experiencias Turismo España.
  • Formación para a sustentabilidade e dixitalización de Experiencias Turismo España.

b) Liña de traballo INTEGRA:

  • Estudos e propostas de planes de adaptación da Experiencia Turismo España á lóxica de economía circular e outras estratexias de incorporación do tecido produtivo local.
  • Planes de adaptación de produtos e servizos a lóxica de economía circular e de proximidade.
  • Implantación de boas prácticas ou melloras que impliquen maiores impactos positivos de Experiencias Turismo España en comunidades locais.
  • Incorporación da diversidade de perfís de turistas a distintas Experiencias Turismo España.
  • Formación e difusión en e para a adaptación á diversidade social das Experiencias Turismo España.

c) Liña de traballo COMUNICA:

  • Mellora dos protocolos de seguridade que afectan ás distintas Experiencias Turismo España e deseño de estratexias de comunicación dos mesmos.
  • Actuacións de tradución e adaptación a mercados de protocolos de seguridade e outros documentos de comunicación.
  • Elaboración de planes de comunicación de Experiencias Turismo España.
  • Creación de materiais de comunicación específicos, como recursos audiovisuais ou dixitais das Experiencias Turismo España.
  • Integración de ferramentas dixitais na propia experiencia que faciliten a comunicación e desfrute de Experiencias Turismo España.
  • Novas ferramentas TIC para a comunicación de Experiencias Turismo España.

Beneficiarios:

Os beneficiarios deberán ter un ámbito territorial de actuación que afecte, ao menos, a tres Comunidades Autónomas, xa sexa individualmente ou en agrupación.

Enlaces


Expresións de interese Expresións de interese