Convocatorias dirixidas ás empresas públicas e/ou privadas. Se es unha entidade local busca o distintivo Eido Local para coñecer as túas opcións.

 

Convocatorias Convocatorias

Atrás

Subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas novas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación

Atrás
03/02/2022

Subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas novas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación

A contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 anos no momento de comezar a relación contractual, polos organismos de investigación e difusión de coñecementos. Orzamento total total 13.127.823 euros.

Beneficiarios:

As seguintes entidades radicadas en Galicia que realicen ou teñan como actividade principal a I+D+i:

– Universidades públicas e privadas.

– Centros, institutos de investigación e institucións de carácter sanitario públicos e privados.

– Centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, integrados nalgunha consellería, así como outros centros e organismos públicos de investigación de Galicia.

– Empresas pertencentes ao sector público autonómico, así como empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica e outras empresas pertencentes ao sector privado.

– Centros tecnolóxicos, centros de apoio á innovación tecnolóxica e outros centros privados de I+D+i.


Expresións de interese Expresións de interese