Atrás

A Comisión Europea aproba o terceiro desembolso do Plan de Recuperación para España, o país máis avanzado na execución dos fondos

Atrás
17/02/2023

A Comisión Europea aproba o terceiro desembolso do Plan de Recuperación para España, o país máis avanzado na execución dos fondos

A Comisión Europea evaluou positivamente o cumprimento de 29 fitos e obxectivos (23 fitos e 6 obxectivos) vinculados ó terceiro desembolso do Plan de Recuperación por un total de 6.000 millóns de euros. O Goberno de España solicitou formalmente o desembolso o 11 de novembro de 2022, tras cumprir os fitos e obxectivos ao longo do primeiro semestre de 2022. A Comisión deberá presentar agora a súa valoración positiva ao Comité Económico e Financeiro (CEF), que debe emitir un dictamen no prazo de catro semanas. Para iso, o CEF contará coa opinión do Comité de Política Económica (CPE), que se celebrará a vindeira semana. Unha vez emitida a opinión do CEF, a Comisión incluirá a mesma na correspondente decisión de pago. Na súa totalidade, a transferencia de fondos a España estímase que terá lugar nunhas seis semanas. A Comisión celebrou o impulso reformista do Goberno e a continuidade ó intenso proceso de reformas xa iniciado. Deste xeito, cabe destacar a entrada en vigor da reforma da Lei Concursal, a Lei relativa ó Sistema Integral de Formación Profesional, a reforma do sistema de cotización á Seguridade Social dos traballadores autónomos ou a Lei de Medidas de Prevención e Loita contro o Fraude Fiscal. En canto ós investimentos, avanzan en proxectos de I+D+i no sector da automoción, fináncianse proxectos para o fomento da sustentabilidade e competitividade da agricultura, a gandeiría e a pesca, e tamén no ámbito da cultura, co apoio á dixitalización dos servizos culturais. A avaliación satisfactoria do cumprimento deste paquete de fitos e obxectivos suporá o desembolso de 6.000 millóns de euros, que se sumarían aos 31.036 millóns de euros xa recibidos, dos que, 9.036 millóns de euros se recibiron en concepto de prefinanciamento e 22.000 millóns de euros correspondentes ó primeiro e segundo desembolso. Unha vez se produza o desembolso, España contaría x aco 53% recibido do que lle corersponde en transferencias non reembolsables.