Atrás

Ciencia e Innovación destina cerca de 42 millóns de euros á convocatoria do Programa Tecnolóxico Aeronáutico

Atrás
22/03/2023

Ciencia e Innovación destina cerca de 42 millóns de euros á convocatoria do Programa Tecnolóxico Aeronáutico

O Ministerio de Ciencia e Innovación vai destinar 41,6 millóns de euros á convocatoria 2023 do Programa Tecnolósico Aeronáutico (PTA), que conta co apoio dos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O orzamento inicial deste convocatoria, que forma parte do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) Aeroespacial, é ampliable ata os 81 millóns de euros tras a aprobación dunha adenda. O Ministerio de Ciencia e Innovación resaltou a aposta do Goberno de España para reforzar o sector aeroespacial, xerar novas capacidades neste ámbito estratéxico e crear oportunidades para o noso talento e as empresas. O prazo de presentación de solicitudes estatá aberto do 4 de abril ao 16 de maio a través da sede electrónica do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), organismo xestor deste programa. Este programa financiará proxectos en concurrencia competitiva en torno ós retos identificados no sector sobre reducción de emisións, vehículos aéreos non tripulados, sistemas e fabricación intelixente e avanzada (dixitalización). Do orzamento total da convocatoria, cerca do 20% irá destinado á modalidade de PEMES.