Atrás

Dixitalización e modernización das Entidades Locais: Política Territorial reparte 2,5 millóns de euros para a dixitalización de cinco municipios

Atrás
09/03/2023

Dixitalización e modernización das Entidades Locais: Política Territorial reparte 2,5 millóns de euros para a dixitalización de cinco municipios

Publicouse no BOE a resolución na que cinco municipios recibirán 2,5 millóns de euros para proxectos no marco das axudas destinadas para a modernización e dixitalización das entidades locais impulsadas polo Ministerio de Política Territorial dentro do PRTR. Os beneficiarios desta convocatoria específica son os concellos de Oviedo, Santander, Almería, Palma e Jaén, que non optaros ás axudas da primeira convocatoria, que se convocou no 2021 e se resolveu no 2022 e que estaba dotada con 92 millóns de euros, por non agotar a cantidade que tiñan asignada para executar os seus proxectos. De esta maneira, tras este reparto, a porcentaxe que se encontra en fase de execución sobre o total da convocatoria de 2021 é do 98,88%. O reparto das axudas levouse a cabo seguindo un criterio enteiramente proporcional en función da poboación de cada municipio. Cada concello podía elixir libremente qué proxectos presentar dentro das cinco liñas establecidas polo Ministerio de Política Territorial na súa orde de convocatoria: 1. Administración orientada ó cidadán; 2. Operacións intelixentes; 3. Goberno do dato; 4. Investimentos e Infraestruturas dixitais; e 5. Ciberseguridade”.