Atrás

Industria e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia asinan un protocolo sobre a futura Rede Española de Laboratorios para o Vehículo Autónomo e Conectado

Atrás
23/03/2023

Industria e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia asinan un protocolo sobre a futura Rede Española de Laboratorios para o Vehículo Autónomo e Conectado

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo ten entre as súas prioridades en materia de política industrial o impulso e o desenvolvemento das tecnoloxías asociadas ó vehículo autónomo e conectado, e a conseguinte adaptación da industria automovilística española a esa nova realidade. Unha prioridade que se está desenvolvendo a través do PERTE do Vehículo Eléctrico e Conectado que se convirtiu nun instrumento fundamental para facer de España un referente global en electromobilidade e foco de atracción de novos investimentos. Pola súa parte, o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) é unha fundación sen ánimo de lucro dedicado ó desenvolvemento, a investigación e a innovación tecnolóxica no sector da Automoción estreitamente vinculada aos diferentes sectores que forman o ecosistema industrial do automóvil e cuxa misión é contribuir á mellora da competitividade das empresas de automoción, ofrecendo o seu apoio ás industrias do sector na súa modernización e adaptación ás novas tecnoloxías. Para facilitar a adaptación do sector de automoción aos novos cambios tecnolóxicos, o Ministerio de Industria e o CTAG asinaron un protocolo de colaboración que senta as bases para o lanzamento dunha rede de laboratorios e centros de testeo e investigación tecnolóxicamente adaptados que permitan ás diferentes empresas fabricantes de vehículos e de compoñentes testear e validar as distintas fases de desenvolvemento de novos productos e actividades de I+D, así como probalos e pre-homologalos antes de introducilos nas cadeas de producción e montaxe primeiro e no mercado despois.