Atrás

O Goberno de España solicita o terceiro desembolso do Plan de Recuperación por valor de 6.000 millóns de euros

Atrás
12/11/2022

O Goberno de España solicita o terceiro desembolso do Plan de Recuperación por valor de 6.000 millóns de euros

O Goberno de España solicitou formalmente o terceiro desembolso do MRR, por valor de 6.000 millóns de euros vinculados ó cumprimento de 29 fitos e obxectivos (23 fitos e 6 obxectivos), os cales se cumpriron ao longo do primeiro semestre de 2022. Coa petición, remitida o venres 11 de novembo e formulada pola Secretaría Xeral de fondos Europeos, dependente do Ministerio de Facenda e Función Pública, España convírtese no primeiro Estado membro en solicitar o terceiro desembolso e pon de manifesto que é o país máis adiantado na execución do PRTR. A avaliación satisfactoria do cumprimento deste paquete de fitos e obxectivos suporá o desembolso de 6.000 millóns de euros, que se sumarían ós 31.036 millóns de euros xa recibidos, dos cales, 9.036 millóns de euros se recibiron en concepto de prefinanciamento e 22.000 millóns de euros correspondentes ó primeiro e segundo desembolso. No caso de obter unha avaliación positiva por parte da Comisión Europea, España xa cumpriría 121 fitos e obxectivos dun total de 416, o que sería equivalente a casi un 30% do total de fitos e obxectivos.