Atrás

Transportes concede 436 millóns de euros en axudas a 69 empresas para proxectos de descarbonización e dixitalización do transporte de mercadorías

Atrás
24/10/2022

Transportes concede 436 millóns de euros en axudas a 69 empresas para proxectos de descarbonización e dixitalización do transporte de mercadorías

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) concedeu provisionalmente 435,8 millóns de euros en axudas a 69 empresas públicas e privadas para desenvolver proxectos de descarbonización e dixitalización do transporte de mercadorías. En concreto, subvencionaranse 117 proxectos de 98 solicitudes no marco do PRTR encamiñadas a mellorar a operativa e eficiencia do sector, dando un maior peso a modos menos contaminantes, como o ferrocarril, e a trasladar os avances dixitais e tecnolóxicos dispoñibles. Seis proxectos que se levarán a cabo na comunidade galega resultaron beneficiarios, obtendo 14.815.312 euros, representando un 3,4% do total concedido.