Atrás

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicou a resolución de concesión da convocatoria para a elaboración e a execución dos proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento Interxeracional, para o ano 2026

Atrás
09/01/2026

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude publicou o 9 de xaneiro de 2026, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a resolución de concesión correspondente á convocatoria dirixida a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia. Esta convocatoria ten como obxectivo a elaboración e a execución dos proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, vinculados co proxecto piloto Talento Interxeracional, para o ano 2026 (Cód. Proc. BS508E).

Segundo a convocatoria publicada o 12 de setembro de 2025, cuxo prazo finalizou o 17 de outubro de 2025, o orzamento máximo establécese en 630.000 €. Seleccionáronse 24 entidades, entre as que se encontran entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, sendo o importe total concedido de 504.664 € (un 80,11 % do total orzamentado).

A distribución xeográfica dos beneficiarios distribuidos nas distintas provincias é a seguinte:

Provincia

Número de entidades

Importe axuda (€)

A Coruña

10

210.916

Ourense

9

191.920

Pontevedra

4

84.868

Lugo

1

16.959

Total

24

504.664