Atrás

A Consellería do Medio Rural publica o 20 de xaneiro de 2025 a resolución de concesión da convocatoria do 2024 das Axudas para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e mellora de soutos tradicionais de castiñeiro (Cód. proc. MR670D).

Atrás
20/01/2025

A Consellería do Medio Rural publica o 20 de xaneiro de 2025, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, a resolución de concesión da convocatoria para o 2024 das Axudas para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e mellora de soutos tradicionais de castiñeiro (Cód. proc. MR670D).

Segundo a convocatoria publicada o 7 de maio de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 25 de xuño de 2024, o orzamento máximo establécese en 1.357.919 €. Seleccionáronse 58 entidades beneficiarias galegas, sendo o importe total concedido de 1.347.544 € (un 99,24 % do total orzamentado). Entre os beneficiarios hai autónomos, entidades sen ánimo de lucro, sociedades e entidades locais. 

A distribución xeográfica das entidades é a seguinte:

Provincia

Nº Entidades

Importe ayuda (€)

Lugo

31

922.931

Pontevedra

11

205.569

A Coruña

8

133.435

Ourense

8

85.609

Total

58

1.347.544