Atrás

ATURGA publica a resolución de concesión das Axudas para Actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico. (Cód. Proc. TU986B)

Atrás
14/07/2025

ATURGA publica a resolución de concesión das Axudas para Actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico. (Cód. Proc. TU986B)

Presidencia da Xunta de Galicia publicou o 14 de xullo de 2025, a través de ATURGA, a Resolución de concesión das Axudas para Actuacións de eficiencia enerxética en empresas turísticas, incluídas no Plan de modernización e competitividade do sector turístico. (Cód. Proc. TU986B).

Segundo a convocatoria publicada o 12 de xuño de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o 14 de novembro de 2024, o orzamento máximo establécese en 10.148.813 €; ampliados mediante a Resolución do 8 de abril de 2025 en 905.519 €, facendo un orzamento máximo total para a convocatoria de 11.054.332 €. Seleccionáronse 150 entidades, sendo o importe total concedido de 11.043.178 € (un 99,90 % do total orzamentado).

O desglose de beneficiarios por tipoloxía de entidade é o seguinte:

Tipo de entidade

Número de entidades

Importe total concedido (€)

SOCIEDADES

96

7.087.578

AUTÓNOMOS

53

3.702.810

ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO

1

252.790

Total

150

11.043.178