Atrás

Ciencia anuncia a ampliación do prazo de execución dos Plans Complementarios

Atrás
07/11/2024

Ciencia anuncia a ampliación do prazo de execución dos Plans Complementarios

A ministra de Ciencia, Innovación e Universidades, na reunión do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación (CPCTI) do pasado xoves 7 de setembro de 2024, anunciou a modificación dos Reais Decretos de concesión directa dos Plans Complementarios, co obxectivo de estender en 3 meses o prazo de execución inicial dos mesmos, concretamente até o 31 de decembro de 2025.

Os Plans Complementarios constitúen unha ferramenta de colaboración entre a Administración Central, as Comunidades Autónomas e os Fondos Europeos, posibilitando a posta en marcha de programas de investigación en áreas estratéxicas. No seu conxunto, mobilizan un total de 466 millóns de € e neles participan 337 entidades, levando a cabo un total de 994 proxectos. En xuño de 2024, a porcentaxe global de execución dos mesmos era do 45,7%, o que representaba 213,1 millóns de €.

No caso concreto da Comunidade Autónoma de Galicia, esta participa na actualidade nos Plans Complementarios de Biotecnoloxía aplicada á Saúde, Ciencias Mariñas e Comunicación Cuántica, sendo beneficiaria dun total de 14.160.904€. Esta contía desglósase do seguinte xeito:

  • Plan Complementario Comunicación Cuántica:

CIF

Beneficiario

Importe concedido (€)

G15852981

Centro de Supercomputación de Galicia

991.877

Q6550005J

Universidade da Coruña

49.159

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

215.667

Q8650002B

Universidade de Vigo

4.954.201

TOTAL CONCEDIDO

6.210.904

  • Plan Complementario Biotecnoloxía aplicada á saúde:

CIF

Beneficiario

Importe concedido (€)

G36885853

Fundación CETMAR

831.315

Q2818002D

Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas

2.804.546

G15852981

Centro de Supercomputación de Galicia

274.927

 

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio

13.935

Q6550005J

Universidade de A Coruña

271.075

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

547.518

Q8650002B

Universidade de Vigo

1.256.684

TOTAL CONCEDIDO

6.000.000

  •  Plan Complementario Ciencias Mariñas:

CIF

Beneficiario

Importe concedido (€)

G36911972

Fundación Biomédica Galicia Sur

120.600

G15796683

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

120.600

G70477559

Fundación Kertor

1.513.200

G15335219

Fundación Profesor Novoa Santos

120.600

Q6550005J

Universidade de A Coruña

25.000

Q1518001A

Universidade de Santiago de Compostela

25.000

Q8650002B

Universidade de Vigo

25.000

TOTAL CONCEDIDO

1.950.000