Atrás

Ciencia e Innovación destina 40 millóns de euros á convocatoria Neotec para empresas tecnolóxicas

Atrás
23/02/2023

Ciencia e Innovación destina 40 millóns de euros á convocatoria Neotec para empresas tecnolóxicas

O Ministerio de Ciencia e Innovación destaca que o obxectivo desta convocatoria é fomentar o emprendemento tecnolóxico no noso país e incentivar o liderazgo das mulleres no ámbito da ciencia, a tecnoloxía e a innovación. O Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), publicou a convocatoria Neotec 2023 para empresas de base tecnolóxica, que conta cun orzamento de 40 millóns de euros grazas ós fondos europeos do PRTR, dos que 5 millóns están dirixidos á liña Neotec Mulleres. O prazo para a presentación de solicitudes a Neotec 2023 estará aberto do 28 de febreiro ata o 20 de abril de 2023. Esta convocatoria financia proxectos empresariais de pequenas empresas innovadoras ou empresas de base tecnolóxica que requiran o uso de tecnoloxías ou coñecementos desenvoltos a partir da actividade investigadora. Nas convocatorias de 2015 a 2021 aprobáronse 700 proxectos NEOTEC cuxo orzamento total ascende a 284 millóns de euros. O CDTI aportou 160 millóns de euros das axudas públicas para o desenvolvemento destos proxectos. Na convocatoria do ano 2022, un total de 2.180.630 € concedéronse a entidades galegas, o cal representa un 6,23% do total concedido na devandita convocatoria.