Estás en:
IDAE publicou a proposta de resolución definitiva de RENOCOGEN 2.
IDAE publicou a proposta de resolución definitiva de RENOCOGEN 2.
O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 26 de xuño de 2026, a través do IDAE, a Proposta de Resolución Definitiva da Segunda Convocatoria do Programa de incentivos para proxectos de produción de electricidade e calor a partir de enerxías renovables en substitución da produción baseada en combustibles fósiles (RENOCOGEN 2).
Segundo a convocatoria publicada o 23 de decembro de 2025, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 2 de marzo de 2026, o orzamento máximo establecíase en 50.000.000 €. O 30 de abril de 2026 publicouse a proposta de resolución provisional, na que se seleccionaron 12 entidades, ás que se lles concedeu un total de 21.192.763 € (o 42,39 % do total orzado). O 26 de xuño de 2026 publicouse a proposta de resolución definitiva, na que se seleccionaron 11 entidades, ás que se lles concedeu un total de 20.332.240 € (o 40,66 % do total orzado). A principal diferenza entre ambas as resolucións é a desestimación do “PROXECTO PV+BESS” (497.296,80 €), ao non presentar en prazo a comunicación de aceptación da axuda.
Entre as entidades beneficiarias non figura ningunha entidade galega.
A distribución polas distintas CCAA é a siguiente:
| CCAA | Nº Beneficiarios | Total concedido (€) | % Sobre o concedido |
|---|---|---|---|
| Extremadura | 1 | 5.448.382 | 26,80% |
| País Vasco | 1 | 3.710.250 | 18,25% |
| Navarra | 3 | 3.586.519 | 17,64% |
| Castilla y León | 1 | 1.960.916 | 9,64% |
| Valencia | 1 | 1.912.680 | 9,41% |
| Castilla-La Mancha | 1 | 1.264.494 | 6,22% |
| Andalucía | 1 | 1.224.799 | 6,02% |
| Cantabria | 1 | 775.698 | 3,82% |
| Aragón | 1 | 448.500 | 2,53% |
| Cataluña | |||
| Murcia | |||
| Galicia | |||
| Asturias | |||
| La Rioja | |||
| Madrid | |||
| Islas Baleares | |||
| Islas Canarias | |||
| Total | 141 | 453.857.047 |