Atrás

Ministerio para a Transición Ecolóxica destinará 160 millóns de euros en axudas para a adaptación de portos para o despregue da eólica mariña

Atrás
30/07/2025

Ministerio para a Transición Ecolóxica destinará 160 millóns de euros en axudas para a adaptación de portos para o despregue da eólica mariña

O Ministerio para a Transición Ecolóxica sacou o 30 de xullo de 2025, a audiencia pública o proxecto de orde das axudas do programa PORT-EOLMAR, que terá un orzamento de 160 millóns de euros, destinados a reforzar a infraestrutura portuaria estatal para o desenvolvemento da enerxía eólica mariña.

O programa, xestionado polo IDAE, enmárcase no PERTE ERHA, as axudas serán en réxime de concorrencia competitiva e financiarán obras na Zona I de Portos de Interese xeral.

Os proxectos deberán ter unha vixencia mínima de 10 anos e ter comezado despois do 1 de febreiro de 2022.

Pódense presentar alegacións ata o 17 de setembro, e presentarase a través do correo: bzn-renovables-01@miteco.es.