Atrás

MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente, así como a listaxe definitiva, para a Convocatoria de Axudas a Proxectos Industriais no Sector Agroalimentario (PERTE AGRO II)

Atrás
28/05/2025

MINTUR actualiza a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente, así como a listaxe definitiva, para a Convocatoria de Axudas a Proxectos Industriais no Sector Agroalimentario (PERTE AGRO II)

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 28 de maio de 2025, a través da Secretaría de Estado de Industria, actualización da listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente e a listaxe de solicitudes estimadas definitivamente da Convocatoria de Axudas a Proxectos Industriais no Sector Agroalimentario (PERTE AGRO II).

Segundo a convocatoria publicada o 19 de setembro de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes remaotu o 5 de outubro de 2024, establecendo un orzamento máximo de 100.000.000 €. O 28 de maio de 2025 actualizouse a listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente e publicouse a listaxe de solicitudes estimadas definitivamente. Incluíronse 8 novas entidades na listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente, que recibiron un total de 3.568.035 €. Entre os beneficiarios atópase unha entidade galega (Compañía Española de Algas Marinas (CEAMSA)), que recibiu provisionalmente un total de 439.320 €. A listaxe de solicitudes estimadas definitivamente inclúe un total de 56 proxectos, que recibiron un total de 34.512.437 €. Cómpre sinalar, que non se publicaron os detalles da localización e entidades beneficiarias dos proxectos estimados definitivamente.

En resumo, adxudicáronse provisional e definitivamente un total de 38.080.472 €, o que representa o 38,08 % resolto sobre o total orzamentado. Quedan aínda un 61,92 % dos fondos asignados á convocatoria sen conceder.

O detalle dos 8 novos proxectos incluídos na listaxe de solicitudes estimadas provisionalmente é o seguinte:

 

Nome beneficiario

Título Proxecto

CCAA

Total concedido (€)

 

 

Compañía de Vinos Telmo Rodríguez

Plataforma Integral para la Gestión y Mejora de Procesos en la Industria Vitivinícola

País Vasco

305.294

 

 
   

Noel Alimentaria

Mejora tecnológica sustancial en el tratamiento de aguas residuales para su reutilización en el propio proceso productivo

Cataluña

330.420

   
   

León Sin Gluten

Inversión en Equipos para la producción eficiente de Pan y Bollería Sin Gluten de Alta Calidad.

Madrid

43.496

   

Unión Martín

Desarrollo de filetes de pescados de alta disponibilidad a base de nuevas soluciones salinas basadas en bacterias lácticas.

Islas Canarias

409.455

   

Ibercacao

Inversiones para la mejora de la eficiencia energética en la planta de Ibercacao.

Castilla La Mancha

859.581

   

Jovi Serrano

Nuevas instalaciones energéticamente eficientes para la producción de nuggets y hamburguesas

Andalucía

883.020

   

Compañía Española de Algas Marinas (CEAMSA)

Adquisición e implementación de nuevos equipos innovadores destinados al incremento del nivel de protección del medio ambiente en el proceso productivo de hidrocoloides

Galicia

439.320

   

Total concedido de axuda (€)

3.270.586