Atrás

MINTUR actualiza o listado de solicitudes estimadas de maneira definitiva das Axudas para a Descarbonización da Industria Manufactureira, convocatoria enmarcada no PERTE de Descarbonización Industrial

Atrás
24/07/2025

MINTUR actualiza o listado de solicitudes estimadas de maneira definitiva das Axudas para a Descarbonización da Industria Manufactureira, convocatoria enmarcada no PERTE de Descarbonización Industrial

O Ministerio de Industria e Turismo publicou o 22 de xullo de 2025 un novo listado de solicitudes estimadas de forma definitiva, das axudas para a descarbonización da industria manufactureira como parte do PERTE de Descarbonización Industrial.

Segundo a convocatoria publicada o 26 de decembro de 2023, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 17 de abril de 2024, o orzamento máximo establécese en 999.800.000 €, sendo 500.000.000 € en forma de préstamo, e 499.800.000 € en forma de subvención. O 22 de xullo de 2025 actualizouse o listado de solicitudes estimadas de forma definitiva. Estimándose 4 novos beneficiarios de forma definitiva, tres deles previamente estimados de maneira provisional, aos que se lles concedeu un total de 7.527.389 € en forma de subvención e 5.145.525 € en forma de préstamo. Ningún destes novos beneficiarios é galego.

En definitiva, adxudicáronse de forma provisional e definitiva un total de 545.702.151 €, o que supón un 54,58 % resolto sobre o total orzamentado. Quedan aínda un 45,42 % dos fondos asignados á convocatoria sen conceder.

O detalle dos 4 proxectos beneficiarios estimados de maneira definitiva é o seguinte:

Nome beneficiario

Título proxecto

CCAA

Total concedido subvención (€)

Total concedido préstamo (€)

Total concedido (€)

TUERO
MEDIOAMBIENTE,
S.L.

Actuaciones para la descarbonización de una industria de elaboración de productos para alimentación animal - TUERDES

Castilla y León

1.739.888

0

1.739.888

SOSA INGREDIENTS, S.L.

Nueva instalación de frío con ahorro energético y mejora del control de proceso

Cataluña

353.782

0

353.782

INDE TRUCK, S.L.

Descarbonización y eficiencia energética en la línea de fabricación de cuerpos de material compuesto para semirremolques frigoríficos.

Valencia

1.046.199

0

1.046.199

LITERA MEAT, S.L.

Descarbonización del proceso productivo de LITERA MEAT mediante la reutilización de residuos y la implantación de energías renovables.

Aragón

4.387.520

5.145.525

9.533.045

Total concedido de axuda (€)

7.527.389

5.145.525

12.672.914

 

A distribución xeográfica por CCAA dos proxectos seleccionados preséntase na seguinte táboa:

CCAA

Nº Beneficiarios

Total concedido subvención (€)

Total concedido préstamo (€)

Total concedido (€)

% Sobre o concedido

Principado de Asturias

10

91.887.540

0

91.887.540

16,84%

Cataluña

17

71.581.802

749.615

72.331.417

13,25%

Aragón

6

65.936.683

6.074.734

72.011.417

13,20%

Castilla La Mancha

8

50.400.023

0

50.400.023

9,24%

Castilla y León

7

54.660.977

0

54.660.977

10,02%

Andalucía

7

46.368.104

521.173

46.889.277

8,59%

Galicia

6

39.413.129

0

39.413.129

7,22%

País Vasco

9

44.057.038

0

44.057.038

8,07%

Cantabria

2

33.185.107

0

33.185.107

6,08%

Valencia

13

28.982.402

0

28.982.402

5,31%

Extremadura

3

7.432.933

262.332

7.695.265

1,41%

La Rioja

1

2.950.110

0

2.950.110

0,54%

Región de Murcia

1

1.238.449

0

1.238.449

0,23%

Islas Baleares 

 

 

 

0

0,00%

Islas Canarias

 

 

 

0

0,00%

Madrid

 

 

 

0

0,00%

Navarra

 

 

 

0

0,00%

Total

89

538.094.297

7.607.854

545.702.151

 

 

A día de hoxe, un total de 39.413.129 € foron concedidos a 6 proxectos galegos nesta convocatoria, o que representa un 7,22 % do total concedido a nivel nacional. Por agora, Galicia ocupa a 7ª posición en relación coas axudas concedidas por CCAA. Asturias atópase en primeiro lugar co proxecto que máis axudas conseguiu ata agora: 52,3 millóns de € para o proxecto “Descarbonización da planta de Avilés” liderado por Fertiberia, S.A. En segundo lugar sitúase Cataluña con 17 proxectos beneficiarios e 72 millóns de €, o que supón un 13,25 % sobre o total concedido. En terceiro lugar atópase Aragón, cun 13,20 % sobre o total concedido a nivel nacional.

Os 6 proxectos galegos beneficiarios destas axudas son os seguintes:

Listado de solicitudes

CIF

Nome beneficiario

Título del proxecto

Total concedido de axuda (€)

Definitivo

B70056957

EXLABESA EXTRUSION PADRON, SL

Descarbonización de instalación de fundición en Rois

3.983.259

Definitivo

A85255370

FERROGLOBE SPAIN METALS S.A.

VAGALUME: Descarbonización del proceso de producción de silicio.

11.790.371

Definitivo

A36618247

GESTAMP VIGO S.A.

Descarbonización total de la instalación de Gestamp Vigo

4.442.902

Definitivo

A15011018

RESONAC GRAPHITE SPAIN S.A.

Descarbonización y reaprovechamiento energético del proceso de cocción de electrodos de grafito mediante la implantación de distintas soluciones renovables. H2-DCEG.

2.583.804

Definitivo

A80420516

XALLAS ELECTRICIDAD Y ALEACIONES S.A.

Planta de conversión de madera en carbón vegetal

8.666.693

Definitivo

B27453398

TABLEROS
HISPANOS S.L.U.

Descarbonización del proceso de secado de astilla

7.946.100

Total (€)

39.413.129