Atrás

O Goberno destina 30 millóns de euros a 94 proxectos de I+D de audiovisual e videoxogos

Atrás
27/12/2022

O Goberno destina 30 millóns de euros a 94 proxectos de I+D de audiovisual e videoxogos

O Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e a Innovación (CDTI), publicou a resolución definitiva da convocatoria para Proxectos de I+D de Audiovisual e Videoxogos 2022. Estas axudas están financiadas con fondos do PRTR a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitáis (SETELECO), do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. O obxectivo da convocatoria é apoiar proxectos de desenvolvemento de novas tecnoloxías innovadoras de aplicación ao ámbito audiovisual e dos videoxogos para a consecución de prototipos de efectos especiais e de animación. Así mesmo, financiánse proxectos para a súa aplicación noutros entornos como o cultural, o sanitario ou o educativo. Un total de once Comunidades Autónomas participaron con éxito na convocatoria, sendo Madrid a que se sitúa á cabeza en canto a aportación conseguida (11,12 M€ de aportación en subvención), seguida de Cataluña (10,12 M€) e da Comunidade Valenciana (2,78 M€).