Atrás

O IDAE publicou a proposta de resolución provisional bis da segunda convocatoria do Programa BORALMAC.

Atrás
11/06/2026

O IDAE publicou a proposta de resolución provisional bis da segunda convocatoria do Programa BORALMAC.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 16 de xuño de 2026, a través do IDAE, a proposta de Resolución provisional bis da Segunda Convocatoria de axudas para proxectos innovadores de almacenamento enerxético mediante bombeo reversible (Programa BORALMAC II) no marco do PERTE ERHA. 

Segundo a convocatoria publicada o 23 de decembro de 2025, cuxo prazo de presentación de solicitudes rematou o 26 de febreiro de 2026, o orzamento máximo establécese en 165.000.000 €. O 6 de maio seleccionáranse provisionalmente 7 entidades que obtiveron 165.000.000 €. Entre os beneficiarios había dúas entidades galegas ás que se lles propoñía un total de 78.012.181 € (un 47,28 % do total concedido a nivel estatal). 

Tras a revisión da documentación achegada con posterioridade á publicación da proposta de resolución provisional, identificáronse discrepancias na información presentada polos solicitantes, derivadas de variacións no estado dos permisos de acceso e conexión á rede. Así mesmo, detectouse unha errata na intensidade de axuda consignada nun dos expedientes. En consecuencia, o IDAE procedeu á publicación dunha nova proposta de resolución provisional BIS o pasado 11 de xuño de 2026, na que se seleccionaron 7 beneficiarios aos que se lles concederon 165.000.000 €. 

Entre os beneficiarios hai unha entidade galega que obtivo 30.012.181 € (un 18,19 % do total concedido). O detalle das entidades e dos proxectos beneficiarios é o seguinte (resaltouse en azul o correspondente a Galicia): 

Beneficiario CCAA Municipio Proxecto Total concedido (€)
EDP ESPAÑA SAU Asturias Tineo BOMBEO REVERSIBLE LA BARCA 49.982.748
SALIME ENERGIA S.L. Asturias Grandas de Salime Central Hidroeléctrica de Bombeo Reversible Granadas de Salime 45.000.000
COVENTINA RENOVABLE S.L. Galicia Cerceda Central Hidroeléctrica de Bombeo de Meirama 30.012.181
HIDROELECTRICA LOS GUAJARES Andalucía Los Guajares Los Guajares 23.065.584
AMARANTA ENERGY S.L. Cataluña Serchs CHR Baells (PAHE) 6.000.000
PROYECTOS HIDRÁULICOS Y ENERGÉTICOS ASPIRAVI S.L. Aragón La Muela Central Hidroeléctrica reversible Dehesa de Ganaderos 5.939.487
IBERDROLA GENERACIÓN SAU Extremadura Alcántara TORREALII 5.000.000
Total concedido (€) 165.000.000

 

Nesta nova proposta de resolución provisional bis, en comparación coa anterior, desestímase a solicitude do proxecto galego de NATURGY RENOVABLES S.L. “Central Hidroeléctrica Reversible de Belesar III”, ao que se lle propuxera unha axuda de 48 millóns de €, debido a que excede o límite orzamentario da convocatoria. Así mesmo, incorporouse un novo proxecto na lista provisional, “Central Hidroeléctrica Reversible Dehesa de Ganaderos”, ao que se lle propón unha axuda de 5,93 millóns de €.