Atrás

O IDAE publicou a proposta de resolución provisional do Programa MOVES CORREDORES DE RECARGA.

Atrás
08/05/2026

O IDAE publicou a proposta de resolución provisional do Programa MOVES CORREDORES DE RECARGA.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica publicou o 8 de maio de 2026, a través do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), a proposta de resolución provisional da Primeira Convocatoria do Programa de incentivos á instalación de infraestrutura de recarga de acceso público para vehículos eléctricos lixeiros en España (Programa MOVES CORREDORES DE RECARGA).

 

Segundo a convocatoria publicada o 19 de decembro de 2025, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o 10 de febreiro de 2026, establecíase un orzamento máximo de 200.000.000 €. Seleccionáronse provisionalmente 337 proxectos aos que se lles concederon 97.067.114 € (un 48,53 % do total orzamentado). O listado das 5 principais entidades beneficiarias e o número de proxectos distribuídos por toda España é o seguinte:

Entidade Nº Proxectos Importe concedido (€)
Grupo Easycharger S.A  51 12.633.119
EV Charger Ingeniería 36 11.801.663
Repsol Soluciones Energéticas S.A 63 10.370.782
Wenea Highways Oeste, S.L.U. 13 7.513.921
WENEA URBAN S.L.U. 12 7.389.902
Total 175 49.709.387

 

Entre os proxectos beneficiarios hai 23 proxectos que se levarán a cabo en Galicia, que acadaron 5.076.781 € (un 5,23 % do total concedido a nivel estatal). O detalle dos proxectos galegos e das entidades promotoras é o seguinte:

 

Entidade Nome proxecto Importe concedido (€)
Grupo Easycharger S.A  Nueva Estación de recarga - Zunder AP9 km 110 Caldas de Reis 257.548
ENDESA X WAY S.L. Instalación de 4 puntos de recarga para vehículos eléctricos en Los Nogales (Lugo) 73.587
BE Charge Sucursal España S.R.L. Gadis O Burgo Km 7 317.064
Grupo Easycharger S.A Nueva Estación de recarga - Zunder A-55 Km 11 Mos 239.416
Grupo Easycharger S.A  Nueva Estación de recarga - Hotel Duerming París Pontevedra 446.714
Wenea Highways Oeste, S.L.U. CC PARQUE OLEIROS 329.983
Tesla Spain SLU Estación de carga ultrarrápida Tesla en A Coruña 13.728
Grupo Easycharger S.A Ampliación Estación de recarga - Estación Zunder A6, km549-Aranga Montesalgueiro 185.973
Grupo Easycharger S.A Nueva Estación de recarga - Zunder A-8 km 484 Navia 189.989
CHARGING TOGETHER SL Infraestructura de recarga en Coruña ES-C-A CORUÑA-000 416.902
ENDESA X WAY S.L. Instalación de 26 puntos de recarga para vehículos eléctricos en A Coruña 128.968
EV Charger Ingeniería Nueva Estación de recarga - Zunder A-8 km 552 Mondoñedo 196.101
Grupo Easycharger S.A Sustitución Estación de recarga - Hotel Puerta del Camino - Santiago de Compostela 47.607
Tesla Spain SLU Estación de carga ultrarrápida Tesla en Poio 206.670
Grupo Easycharger S.A Nueva Estación de recarga - Zunder AP-9 km 65 Santiago de Compostela Pol SIONLLA 253.185
Be Charge Sucursal S.R.L. Audasa Compostela km 81 31.702
Grupo Easycharger S.A Nueva Estación de recarga - Zunder Severo ochoa A Coruña 293.567
BE Charge Sucursal España S.R.L. Gadis Pocomaco km 2 314.092
Repsol Soluciones Energéticas S.A  HUB DE RECARGA EN CORREDOR UBICADO EN 96723 CRED Coiros II. 233.148
CHARGING TOGETHER SL Infraestructura de recarga en Galicia ES-OR-VERIN-003 237.197
EV Charger Ingeniería Nueva Estación de recarga – Vigo Parking Aeropuerto 196.757
CHARGING TOGETHER SL Infraestructura de recarga en Coruña ES-C 234.360
EV Charger Ingeniería Nueva Estación de recarga - Area de servicio O Viaxeiro 232.525
Total concedido (€) 5.076.781