Estás en:
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publica a resolución definitiva da convocatoria de axudas para Participantes Directos e Asociados no IPCEI de Saúde (MED4CURE) enmarcado no PERTE SAÚDE
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publica a resolución definitiva da convocatoria de axudas para Participantes Directos e Asociados no IPCEI de Saúde (MED4CURE) enmarcado no PERTE SAÚDE
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades publicou o 7 de xullo de 2025, a través do CDTI, a resolución definitiva da Convocatoria de axudas para Participantes Directos e Asociados no Proxecto Importante de Interese Común Europeo de Saúde (MED4CURE) enmarcado no PERTE SAÚDE.
A convocatoria publicada o 14 de decembro de 2024, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o 23 de xaneiro de 2025, establecía un orzamento máximo de 110.000.000 €, ampliados a través da Orde CNU/367/2025, do 7 de abril, a 126.975.383 €, procedentes do PERTE de Saúde. Seleccionáronse 6 beneficiarios, sendo o importe total concedido de 126.975.383 €. Ningún dos beneficiarios é galego.
O detalle das entidades é o seguinte:
| CIF | Entidade | Total concedido de axuda (€) |
| A28041283 | LABORATORIOS FARMACEUTICOS ROVI, S.A. | 36.341.036 |
| A84700236 | SYLENTIS SA | 21.107.943 |
| A62291919 | ORYZON GENOMICS, S.A. | 13.263.794 |
| A96184882 | LABORATORIO REIG JOFRE SA | 13.172.314 |
| A08287104 | MEDICHEM, S.A. | 16.213.766 |
| B65648156 | MINORYX THERAPEUTICS S.L | 26.876.530 |
| Total concedido de axuda (€) | 126.975.383 | |