Atrás

O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática publica a segunda resolución de concesión de subvencións destinadas á transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal das entidades locais

Atrás
06/11/2024

O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática publica a segunda resolución de concesión de subvencións destinadas á transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal das entidades locais

O Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática publicou o 1 de novembro de 2024, a través da Secretaría de Estado de Política Territorial, a segunda resolución de concesión das axudas destinadas á transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal das entidades locais, convocatoria correspondente ao ano 2023.

A convocatoria publicada o 18 de novembro de 2023, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o 1 de abril de 2024, establece un orzamento máximo de 64.117.540 €. Publicáronse dúas resolución de concesión, detalladas a continuación:

Na primeira resolución de concesión, publicada o 24 de xullo de 2024, concedéronse 47.225.303 €, quedando un remanente de 16.829.237 €.

Na segunda resolución publicada o 6 de novembro de 2024 seleccionáronse 13 beneficiarios adicionais á primeira resolución, sendo o importe total concedido de 13.767.568 € (un 21,47 % do total orzamentado). Nesta segunda resolución, encóntrase unha entidade galega que obtivo 1.500.000 € (un 10,89 % do total concedido).

O detalle das entidades é o seguinte:

Beneficiario

Proxecto

Importe axuda (€)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

+RUEIRO

1.500.000

Total concedido de axuda (€)

1.500.000

 

De acordo co artigo 9.4 da Orde, o remanente da subvención pódese repartir entre aquelas entidades que solicitaran orixinalmente unha cuantía superior ao importe máximo recollido no anexo 8 da convocatoria. Deste xeito, aumentouse a dotación orzamentaria de 15 entidades, sendo o importe adicional concedido de 3.124.669 €. Aumentouse a dotación orzamentaria a dúas entidades galegas, sendo o importe total da ampliación de 172.739 € (un 5,53 % da dotación orzamentaria adicional). As entidades galegas ás que se lles aumentou a axuda inicialmente prevista son as seguintes:

Beneficiario

Importe concedido € (1ª Resolución)

Importe adicional concedido € (2ª Resolución)

Importe total axuda (€)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

1.260.000

76.773

1.336.773

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA

1.500.000

95.966

1.595.966

Total concedido de axuda (€)

2.932.738

 

Así, tras a publicación das dúas resolucións, hai un total de 4 entidades galegas beneficiarias que obtiveron 5.692.738 € (un 8,87 % do total concedido). O detalle das entidades é o seguinte:

Beneficiario

Proxecto

Importe axuda (€)

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

Ourense Padrón Online

1.363.773

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE A CORUÑA

Concello Dixital - Padrón. Hacia el padrón online: nuevo modelo de gestión de información territorial provincial.

1.595.966

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

GEOPADRÓN

1.260.000

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

+RUEIRO

1.500.000

Total concedido de axuda (€)

5.692.738