Atrás

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible publica a resolución de concesión provisional da Segunda Convocatoria do Programa de Apoio ao Transporte Sostible e Dixital.

Atrás
18/03/2025

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible publica a resolución de concesión provisional da Segunda Convocatoria do Programa de Apoio ao Transporte Sostible e Dixital.

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible publicou o 18 de marzo de 2025, a través da Subdirección Xeral de Planificación, Rede Transeuropea e Logística, a resolución de concesión provisional da Segunda Convocatoria de subvencións do Programa de Apoio ao Transporte Sostible e Dixital.

Segundo a convocatoria publicada o 25 de outubro de 2024, cuxo prazo rematou o 20 de novembro de 2024, o orzamento máximo establécese en 17.054.343 €, sen prexuízo da posibilidade de ampliar a cantidade en función dos créditos dispoñibles cunha cantidade adicional de ata 70.000.000 €. Seleccionáronse de maneira provisional 44 proxectos, sendo o importe total concedido de 40.684.326 € (un 46,73 % do total orzamentado). Entre os proxectos beneficiarios hai dous galegos que obtiveron 1.751.042 € (un 1,97 % do total concedido).

O detalle das entidades e os proxectos galegos é o seguinte:

Entidade solicitante

Proxecto

Importe axuda (€)

GALIGRAIN, S.A.

GALIGRAIN SMART PORT

1.478.250

FRANCISCO GOMEZ Y CIA S.L.

Fabricación y puesta en obra de pavimentos sostenibles desde la planta de fabricación de mezclas asfáticas de Touro - O Pino (A Coruña)

272.792

Total concedido de axuda (€)

1.751.042