Atrás

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou a proposta de resolución definitiva das axudas dirixidas a proxectos de infraestruturas ambientais, sociais e dixitais de concellos en zonas afectadas pola transición enerxética

Atrás
22/05/2025

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou a proposta de resolución definitiva das axudas dirixidas a proxectos de infraestruturas ambientais, sociais e dixitais de concellos en zonas afectadas pola transición enerxética

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico publicou o 22 de maio de 2025, a través do Instituto para a Transición Xusta, a proposta de resolución definitiva das Axudas dirixidas a proxectos de infraestruturas ambientais, sociais e dixitais en concellos de zonas afectadas pola transición enerxética.

Segundo a convocatoria publicada o 28 de decembro de 2023, cuxo prazo de presentación de solicitudes finalizou o 22 de marzo de 2024, o orzamento máximo establécese en 25.000.000 €, 12.800.000 € proceden do PRTR, mentres que 12.200.000 € procede dos fondos propios do ITX. Seleccionáronse 19 entidades sendo o importe total concedido de 25.000.000 €. Entre os beneficiarios hai 2 entidades galegas que obtiveron 2.937.365 € (un 11,75 % do total concedido).

O detalle das entidades é a seguinte:

Entidade solicitantes

Proxecto

Importe axuda (€)

CONCELLO DE A LARACHA

REHABILITACIÓN Y MEJORA DE EFICIENCIA ENERGÉTICA DE EDIFICIO INTERGENERACIONAL DE A LARACHA

1.384.311

CONCELLO DE AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

ORDENACIÓN Y PUESTA EN VALOR DEL PARQUE DE LA MEMORIA
TOXO VERDE

1.553.054

Total concedido de axuda (€)

2.937.365