Atrás

Proxecto Quantum: o Barcelona Supercomputing Center-Centro Nacional de Supercomputación albergará o primeiro ordenador cuántico do sur de Europa

Atrás
27/02/2023

Proxecto Quantum: o Barcelona Supercomputing Center-Centro Nacional de Supercomputación albergará o primeiro ordenador cuántico do sur de Europa

O proxecto Quantum Spain, impulsado polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, a través da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial (SEDIA), contará este ano 2023 co primeiro ordenador cuántico do sur de Europa, ó que terá acceso a comunidade investigadora para poder desenvolver aplicación de Intelixencia Artificial. Este proxecto, financiado con fondos europeos do Plan de Recuperación, levarase a cabo polo grupo de empresas empañolas, integradas na Unión Temporal de Empresas (UTE) formada pola startup Qilimanjaro Quantum Tech e a compañía tecnolóxica española GMV, que gañaron o concurso público. O novo ordenador cuántico instalarase no Barcelona supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS) e integrarase no superordenador MareNostrum 5, o máis potente do noso país e entre os máis avanzados de Europa e do mundo. España foi un dos seis países europeos seleccionados polo consorcio de supercomputación da Unión Europea, a European High Performance Computing Joint Udertaking (EuroHPC JU), para albergar e operar os primeiros ordenadores cuánticos EuroHPC. A inversión no noso país ascenderá a 12,5 millóns de euros, cofinanciada ao 50% pola UE e polo Goberno de España. Esta infraestructura instalarase ao longo de 2023 e estará integrada no supercomputador MareNostrum 5, que estará operativo o próximo mes de xullo. MareNostrum 5 permitirá avanzar en múltiples aplicacións académicas e suporá un paso máis na próxima frontera da supercomputación. Qilimaniaro é unha das cinco startups a nivel mundial, a única española, con potencial para influir na industria da computación cuántica, segundo o informe StartUs Insights 2022. O seu obxectivo é desenvolver a próxima xeración de ordenadores cuánticos cun acceso á nube fácil de utilizar, que permita abordar de forma efectiva problemas complexos en sectores como a loxística, as finanzas e a enerxía, entre outros, así como a simulación de procesos físicos e químicos.