Atrás

Publicada a convocatoria de axudas para o fortalecemento industrial dentro do PERTE Agroalimentario por 510 millóns de euros

Atrás
29/12/2022

Publicada a convocatoria de axudas para o fortalecemento industrial dentro do PERTE Agroalimentario por 510 millóns de euros

O Boletín Oficial do Estado do 29 de decembro publicou a convocatoria correspondente ó ano 2023 de axudas por valor de 510 M€ a actuacións de fortalecemento industrial dentro do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) do sector agroalimentario, no marco do PRTR. Ademáis, a orde que publica o BOE inclúe, xunto á convocatoria, varias modificaci´nos da orde de bases co obxectivo de flexibilizar algúns requisitos, así como de favorecer a participación do tecido agroindustrial neste programa. O prazo de presentación de solicitudes inicia o 23 de xaneiro e finalizará o 28 de febreiro de 2023. Poderán acollerse ás axudas establecidas as agrupacións sen personalidade xurídica propia que previamente establecerán, antes da presentación da solicitude, un acordo interno que regule o funcionamento da mesma, e que cumpra os requisitos establecidos na orde. Estas agrupacións deberán estar conformadas por un mínimo de 4 entidades e un máximo de 60 entidades. Só podrán formar parte das mesmas as asociedades mercantís privadas, sociedades cooperativas e Sociedades Agrarias de Transformación. O orzamento para axudas en forma de subvención é de 310 M€ e o destinado a axudas en forma de préstamos é de 200 M€, coa posiblidade de incrementarse en 200 millóns adicionais.