Atrás

Publicada a convocatoria do PERTE Naval que prevé movilizar 1.460 millóns e crear 3.100 postos de traballo de calidade

Atrás
23/12/2022

Publicada a convocatoria do PERTE Naval que prevé movilizar 1.460 millóns e crear 3.100 postos de traballo de calidade

O Boletín Oficial do Estado publicou o 23 de decembro a convocatoria pola que se rexirá a concesión das axudas por un valor de 310 millóns de euros correspondentes ao Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) do sector naval. O desenvolvemento deste proxecto prevé unha inversión total duns 1.460 millóns de euros, que contribuirá á creación de cerca de 3.100 postos de traballo de calidade, principalmente en rexións periféricas, contribuíndo así á política de reto demográfico. Os seus obxectivos son a transformación da cadea de valor industrial naval mediante a súa diversificación cara as enerxías renovables mariñas, a dixitalización da súa cadea de valor e o incremento da súa sustentabilidade ambiental, así como a mellora da formación e capacitación dos empregados. Os Proxectos que se poden financiar son os seguintes: diversificación (innovación na cadea de valor), dixitalización (transformación dixital da cadea) e sustentabilidade (economía circular, eficiencia enerxética  mellora medioambiental). Ademáis tense que presentara un plan transversal de formación e reciclaxe profesional. O plazo de presentación de solicitudes comezará o día 18 de xaneiro de 2023 e finalizará o día 28 de febreiro de 2023.