Estás en:
Publícanse as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2024 para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, enmarcada no PERTE ERHA
Publícanse as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2024 para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, enmarcada no PERTE ERHA
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes publicou, en data de 24 de xaneiro de 2025, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2024 ao amparo da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024.
A convocatoria, publicada no DOG do 1 de abril de 2022 e cuxa crédito foi redistribuído por medio da Orde do 24 de outubro de 2024, pola que se establecen criterios para a redistribución do crédito entre as actividades previstas inicialmente na Orde do 30 de marzo de 2022, conta cun orzamento total de 30.826.557 €; grazas aos 1.318.117 € adicionais recollidos na orde, destinados á cobertura da lista de espera das solicitudes presentadas desde o 15 de marzo de 2024. O prazo de presentación de solicitudes continúa aberto e finaliza o 4 de xuño de 2026.
Resolvéronse un total de 6.927.360 €, sendo seleccionados 256 beneficiarios, dos cales 252 corresponden coa actividade de achatarramento, recibindo un total de 4.379.000 €. Pola súa banda, e en canto á liña de adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono, seleccionáronse 4 beneficiarios, recibindo un total de 2.548.360 €.
A distribución do orzamento por liña de actividade e provincia resulta da seguinte maneira:
- Actividade 1: Achatarramento
Provincia | Nº Entidades | Importe axuda (€) |
Pontevedra | 77 | 1.452.500 |
Lugo | 76 | 1.386.000 |
A Coruña | 60 | 856.500 |
Ourense | 39 | 684.000 |
Total | 252 | 4.379.000 |
- Actividad 2: Adquisición de vehículos de enerxías alternativas baixas en carbono
Provincia | Nº Entidades | Importe axuda (€) |
Lugo | 2 | 2.200.760 |
A Coruña | 2 | 347.600 |
Total | 4 | 2.548.360 |
Ademais, na resolución indícanse os importes correspondentes á renuncia ou perda de dereitos por solicitude de beneficiarios de convocatorias anteriores. En total, 21 entidades devolveron, en conxunto, a cuantía de 259.500€. A continuación, desglósase a relación de empresas e importes de renuncia ou perda de dereito por solicitude:
NIF | Nome beneficiario | Importe axuda (€) |
B36399798 | Asetrans Xuntans, S.L. | 10.000 |
***0862** | Francisco Alonso Iglesias | 5.000 |
B27735141 | Transportes Ramón Laso, S.L. | 20.000 |
***6657** | José Manuel Gayoso Fernández | 5.000 |
A36623510 | Hormigones Valle Miñor, S.A. | 5.000 |
A36617678 | Raúl Busto Valcárcel, S.A. | 10.000 |
B36655439 | Trafema, S.L. | 20.000 |
B27140375 | Maforba, S.L.U. | 20.000 |
B36030369 | Transportes Hermanos Bugallo, S.L. | 10.000 |
B36617991 | García Guisado, S.L. | 40.000 |
***7273** | Manuel Puime Donsión | 10.000 |
***0030** | José Antonio González Casas | 20.000 |
B36879021 | Transportes Mafriva, S.L. | 10.000 |
B36169688 | Autobuses Cerqueiro, S.L. | 12.000 |
***4511** | Guillermo Fernández Comesaña | 10.000 |
B94130929 | Grúas Taracido, S.L. | 2.500 |
B36863736 | Transportes Frigoríficos Quinteiro, S.L. | 10.000 |
B06813992 | Galaitrucks, S.L. | 10.000 |
***0796** | Enrique Martínez Requera | 10.000 |
B36303956 | Altrasan, S.L. | 10.000 |
B36931822 | Lavigrani, S.L. | 10.000 |
B27268267 | Asetrans Xuntans, S.L. | 10.000 |
Total | 259.500 |