Estás en:
Publicáronse as subvencións concedidas do 1 de xaneiro de 2024 ao 31 de marzo de 2025 das axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (código de procedemento IN422O), enmarcada no PERTE ERHA

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) publicou, en data de 2 de xuño de 2025, as subvencións concedidas do 1 de xaneiro de 2024 ao 31 de marzo de 2025, ao amparo da Resolución do 5 de xuño de 2023, pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).
A convocatoria, publicada no DOG do 26 de xuño de 2023, establecía un orzamento total de 4.970.319 €. O prazo de presentación de solicitudes finalizou o pasado 31 de xullo de 2024. Por medio da presente resolución resolvéronse un total de 1.477.256 €, sendo seleccionados 33 beneficiarios, dos cales 15 corresponden á liña de axuda Aerotérmica, recibindo un total de 431.973 €. Pola súa banda, e en canto á liña de axuda de Biomasa, seleccionáronse 7 beneficiarios, recibindo un total de 886.047 € e por último, un beneficiario recibiu 159.236 € dentro da liña de axuda de Xeotermia/Aerotermia.
A distribución do orzamento resolto por liña de financiamento e provincia resulta da seguinte maneira:
- Liña Aerotérmica
Provincia | Nº Beneficiarios | Importe axuda (€) |
Pontevedra | 5 | 189.686 |
A Coruña | 9 | 215.813 |
Ourense | 1 | 26.475 |
Total | 15 | 431.974 |
- Liña Biomasa
Provincia | Nº Beneficiarios | Importe axuda (€) |
Pontevedra | 4 | 132.416 |
Lugo | 8 | 504.207 |
A Coruña | 3 | 182.224 |
Ourense | 2 | 67.200 |
Total | 17 | 886.047 |
- Liña Xeotermia/Aerotermia
Provincia | Nº Beneficiarios | Importe axuda (€) |
Pontevedra | 1 | 159.236 |
Total | 1 | 159.236 |