Atrás

Transición Ecolóxica lanza a consulta pública as axudas do PERTE de Dixitalización do Ciclo da Auga

Atrás
25/05/2023

Transición Ecolóxica lanza a consulta pública as axudas do PERTE de Dixitalización do Ciclo da Auga

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico lanza a consulta pública o proxecto de orde, pola que se modifican as bases reguladoras da Orde TED/934/2022, de 23 de setembro, para a concesión de axudas por concorrencia competitiva para a elaboración de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga e apróbase a segunda convocatoria en concorrencia competitiva (2023) de proxectos de mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga, no marco do PRTR, dentro do PERTE de Dixitalización do Ciclo da Auga. Esta segunda convocatoria, que conta cun orzamento de 200 millóns, está destinada a proxectos de dixitalización do ciclo urbano da auga abarcando desde o abastecemento en alta, distribución, saneamento e depuración co obxectivo claro de mellorar o coñecemento dos usos da auga; reducir as pérdidas; mellorar a eficiencia dos sistemas; optimizar o gasto enerxético e impulsar a transparencia e a comunicación ca cidadanía e os diferentes entes públicos e privados involucrados nas diferentes fases do ciclo urbano. Ademáis, inclúense iniciativas para facilitar a operadores e titulares dos servizos o cumprimento e a adaptación a novos desafíos normativos en materia de auga. Todo o conxunto de actuacións son claves no contexto de sequía no que se encontra o país. A publicación final no BOE das bases espérase realizar durante o mes de xullo, iniciándose a presentación dos proxectos en outubro deste ano. O prazo para o envío de propostas, observación e suxerencias está aberto ata o próximo 9 de xuño.