Atrás

Transición Ecolóxica lanza a información pública un paquete de medidas para mellorar a planificación e xestión dos bosques

Atrás
26/10/2022

Transición Ecolóxica lanza a información pública un paquete de medidas para mellorar a planificación e xestión dos bosques

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), publicou un paquete de medidas para mellorar a planificación e xestión dos bosques. Trátase da Estratexia Forestal Española Horizonte 2050, o Plan Forestal Español e as directrices básicas comúns de xestión forestal sostible, iniciativas orientadas a actualizar de forma integral a planificación forestal española. A Estratexia Forestal Española Horizonte 2050 é o documento de referencia en política forestal española. Esta revisión da planificación forestal estratéxica española encóntrase incluída dentro do paquete de reformas asociado ó PRTR e espérase que sirva de panca para o impulso dos montes e do sector forestal como actores imprescindibles da bioeconomía, a conservación da biodiversidade e a cohesión social e territorial. Cada un destes documentos someterase a información pública hasta o próximo 4 de novembro de 2022.