Atrás

Turismo publica a resolución de concesión das axudas do Programa Experiencias

Atrás
26/05/2023

Turismo publica a resolución de concesión das axudas do Programa Experiencias

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo publicou a concesión das axudas do Programa Experiencias Turismo España, por un importe de 25,82 millóns de euros financiados cos fondos Next Generation EU. Os adxudicatarios son os 36 proxectos elixidos en concorrencia competitiva, que agrupan a un total de 210 entidades de diferente personalidade xurídica (administracións locais, empresas, asociacións...), o que asegura a capilaridade do impacto do programa. Entre os beneficiarios encóntranse 16 entidades galegas, as cales obtiveron un total de 2.054.428 €, o que representa un 7,96 % sobre o total concedido. Entre elas encóntranse empresas privadas, entidades locais e unha entidade pública autonómica. O obxectivo desta convocatoria é mellorar a oferta de experiencia que España pon a disposición dos seus visitantes e atraer turismo de calidade. Unha vez publicada a concesión, os fondos comezarán a transferirse a esas entidades para que os proxectos se executen nun prazo de 18 meses.