Atrás

Celebrada a terceira reunión da Alianza polo PERTE Aeroespacial

Atrás
06/03/2023

Celebrada a terceira reunión da Alianza polo PERTE Aeroespacial

O Ministerio de Ciencia e Innovación presidiu a terceira reunión da Alianza polo PERTE Aeroespacial, un órgano interministerial que ten como obxectivo facilitar o diálogo, a participación e o intercambio de ideas entre o sector público e privado para xerar sinerxias e impulsar a execución deste proxecto estratéxico. En total, o PERTE Aeroespacial movilizará máis de 4.500 millóns de euros co impulso dos fondos europeos do PRTR para reforzar a ciencia e a innovación no ámbito aeroespacial co obxectivo de dar resposta ós retos do sector como o cambio climático, a seguridade global e a transición dixital. Nesa reunión anunciouse a aprobación no Consello de Ministros do 7 de marzo do estatuto da Axencia Espacial Española. A Alianza polo PERTE Aeroespacial, presidida polo Ministerio de Ciencia e Innovación, integra aos membros do Grupo de Traballo Interministerial do PERTE, composto por representantes dos Ministerios de Facenda e Función Pública; Educación e Formación Profesional; Traballo e Economía Social; Defensa; Asuntos Económicos e para a Transformación Dixital; Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana; Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico; Industria, comercio e Turismo; Agricultura, Pesca e Alimentación; e Universidades; así como por organismos e departamentos adscritos a estos Ministerios e a entidade ENAIRE. Tamén reúne a representantes das comunidades autónomas, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), do Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC) e de empresas, asociación empresariais e organizacións sindicáis con relevancia no sector.