Atrás

Ciencia e Innovación destina 78 millóns de euros a 19 proxectos a través do Programa Tecnolóxico Aeronáutico

Atrás
23/12/2022

Ciencia e Innovación destina 78 millóns de euros a 19 proxectos a través do Programa Tecnolóxico Aeronáutico

O Ministerio de Ciencia e Innovación, a través do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico  Innovación (CDTI), publicou a resolución definitiva da convocatoria 2022 do Programa Tecnolóxico Aeronáutico (PTA), pola que se destinan 78,3 millóns de uros a 19 proxectos nos que participan 76 empresas. Esta convocatoria, financiada cos fondos europeos do PRTR, forma parte do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) Aeroespacial. O PTA financia proxctos een torno a retos identificados no sector sobre reducción de emisión, vehículos aéreos non tripulados, sistemas e fabricación intelixente e avanzada. Tamén pretende fortalecer o sector aeronáutico, fomentando a I+D nas empresas para abordar os cambios tecnolóxicos necesarios na descarbonización do sector. Concedéronse axudas a 89 beneficiarios dos 19 proxectos sendo 4 deles beneficiarios galegos. O importe total concedido é de 78.330.978,00€ dos cales un total de 3.213.425,58€ corresponden a entidades galegas, o que representa un 4,10% sobre o total concedido.