Atrás

O MITECO abre a audiencia pública unha línea de axudas para a substitución de combustibles fósiles por enerxías renovables na industria

Atrás
13/01/2023

O MITECO abre a audiencia pública unha línea de axudas para a substitución de combustibles fósiles por enerxías renovables na industria

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) publicou o proxecto de orde polo que se aproban as bases reguladoras e o programa de incentivos para a concesión de axudas a instalación de coxeración e tratamento de residuos que substitúan combustibles fósiles (gas natural, fuelóleo e gasóleo) por renovables na producción de electricidade e calor útil para os seus procesos industriais. A línea de incentivos, xestionada polo Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE), organismo dependiente do MITECO, supón unha importante oportunidade para a industria: facilita unha alternativa de suministro enerxético viable e asequible, que permite reducir costes e mellora a competitividade das empresas. O importe das axudas encóntrase nun intervalo que vai dende o 50.000 ata os 15 millóns de euros por proxecto. En canto á intensidade das subvencións, poderá cubrir ata o 65% do proxecto cun incremento segundo o tipo de empresa, 10% adicional si é pequeña, 5% en caso de mediana empresa, e outro 5% adicional si se ubica nun municipio de Reto Demográfico.