Servizo de asistencia aos Concellos no marco dos fondos do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia
En que consiste?
Esta asistencia ten como obxectivo axudar aos órganos xestores da Administración Local a desenvolver as tarefas necesarias para a xestión dos fondos MRR. Entre esas tarefas inclúese:
- Apoio técnico para a presentación e desenvolvemento de iniciativas MRR
- Orientación da normativa aplicable en cada ámbito
- Resolución de dúbidas vinculadas cos criterios do MRR
Que datos necesito?
* Darase prioridade ás asistencias solicitadas polos Concellos de menos de 5.000 habitantes
- Administración Local solicitante
- Persoa de contacto(Nome, teléfono e correo electrónico)
- Solicitude (Compoñente do PRTR e Descrición)
Como solicitar a asistencia?
Entrando na seguinte ligazón atópase o formulario de solicitude: NextGenerationGalicia
Unha vez enviada a solicitude procederase á súa revisión e ao contacto coa Administración Local solicitante